terça-feira, março 22, 2005

SAÚDOS DA SOCIEDADE

A SOCIEDADE COMEZA CON ESTE BLOG NA DEFENSA DE ANDEL E O LIBRO GALEGO EN XERAL.

Estamos en pé na defensa deste proxecto tan ambicioso culturalmente que é Andel, @s membr@s da SOCIEDADE comprendemos que non é doado subsistir ao tumulto varredor do totalistarismo, a hipocrisía, a falsidade, o hespañolismo e o capitalismo de base, dende o isolamento. LOGO, nosoutr@s respondemos apoiando ao libreiro D. Xaime Nogueira nesa súa loita a prol da nosa cultura, a nosa língua, a nosa memoria, NÓS MESMOS AO FIN.
Non son os nosos berros de desesperanza senón cantos a unha esperanza renacente que alcanza pulo con respostas sociais como a da LIBRARÍA ANDEL DO LIBRO GALEGO E PORTUGUÊS.
Creamos a SOCIEDADE porque sabemos que o baldeiro institucional, o abandono dos imbéciles e escuros que definía CELSO EMILIO FERREIRO, e a renuncia á nosa identidade non han de ser esquencidos, senón revoltos como metendo o dedo na chaga.

DAQUELA FACEMOS UN CHAMAMENTO Á RESISTENCIA!!!
Á INSUBMISIÓN DO NOSO POBO ANTE OS EMBATES DESTRUTORES!!!

NASCEMOS BAIXO O CLARO LEMA DE:

ANDEL SOMOS NÓS

de querer facer calquera encargo accede á páxina web: