quinta-feira, junho 02, 2005

A PORTA Á SABEDORÍA

As crónicas xerais anuncian o que endexamais deu ao esquezo o noso país, e é que somos un pobo domeado, moitas veces amansado e doce. Non é a súa feliz memoria, xa que o pobo galego ergueuse sempre na férrea verba de Pondal. Anunciamos para a insubmisión que a mellor arte reside nos pobos oprimidos que buscan nas verbas propias e nas mesmas mans a liberdade!!!
É a nosa unha literatura fermosa e inmensamente traballada polo diaño de labregos e mariñeiros das palabras.
En Andel está a porta cara ao coñecemento da súa obra, ultrapasando esta lumieira arribarás ao país da liberdade e recoñecerás os tesouros dos nosos escritores e escritoras, a quen aínda lle arden nos beizos as doces máximas de Rosalía.

ENTRA. a porta é franqueábel para ti.