quarta-feira, julho 13, 2005

Xaime Nogueira, libreiro da Andel secundou a FEIRA DO LIBRO e tamén secundará os actos do DÍA DA PATRIA GALEGA

O libreiro XAIME NOGUEIRA acatou unha vez máis á fronte da iniciativa que é Andel un compromiso certeiro co libro galego a través da súa actuación na Feira do Libro de Vigo, na que leva participando dende os principios e na que mesmo cordinou a presentación do libro de poemas "Sangue sobre Silenzo" de Brais González.

A actividade desenvolvida dende Andel polo libro galego vai máis alá e transformarase os días 24 e 25 cun compromiso xa establecido de cara ás reivindicacións a prol da Patria Galega e Propia.

Literatura é compromiso e a libraría Andel é un dos meirandes proxectos que poden existir no devir da nosa nación.

Agardamos logo novas actividades.